Thursday 25 de April de 2024

O Concello continúa coa súa folla de roteiro para acabar de perfilar o Plan Xeral de Bergondo


● Alejandra Pérez Máquez convocou a seguinte comisión para o seguimento, estudo e informe do PXOM para o vindeiro luns, 23 de xaneiro, ás 16 horas.

● Para este encontro convidouse a todos os concelleiros que forman a corporación co obxectivo de que coñezan ao detalle o estado actual do documento e a súa evolución futura.

O Concello de Bergondo continúa, paso a paso, coa folla de roteiro que se marcou para acabar de perfilar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co obxectivo de deixalo preparado para a solicitude de informes para a posterior aprobación inicial.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, convocou a seguinte comisión para o seguimento, estudo e informe do PXOM para o vindeiro luns, 23 de xaneiro, ás 16 horas.

Para este encontro convidouse aos concelleiros e concelleiras de todos os grupos que conforman a corporación municipal, co obxectivo de que, tanto o equipo redactor como os técnicos municipais, informen o detalle do estado actual no que está o documento e a súa evolución futura.

Nestas comisións, que comezaron o ano pasado, abordáronse as distintas temáticas das que consta o documento: núcleo rural, transformación conxunta, ordenación directa, chan rústico e documento revisado.

En definitiva, búscase un modelo urbanístico cun crecemento sostible e real, articulando unha mobilidade en base a corredores verdes, e promovendo equipamentos que acompañen na estratexia de completar os núcleos existentes.